Documental alemán realizado para o programa Das Rote Quadrat, e emitido polo Canal Historia. Unha perspectiva internacional sobre a catástrofe do Prestige con declaracións de expertos, afectados e responsables políticos directos da xestión, e que presenta un relato rigoroso e ben tramado dos acontecementos e da reacción social.
